O BNG advírtelle á concelleira de Cultura que a culpa de que a xente moza non vaia ao teatro é do PP

O BNG advírtelle á concelleira de Cultura que a culpa de que a xente moza non vaia ao teatro é do PP

teatro rosalíaA Coruña, 11 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG denuncia as bochornosas declaracións da concelleira de Cultura quen, na mañá de hoxe, lamentou a case nula asistencia de xente moza ao teatro e responsabilizou desta escasa concorrencia á Universidade da Coruña, á que lle solicitou que contribúa a incitar o estudantado a acudir ao teatro.

O Bloque considera unha desvergoña as verbas da edila de Cultura, cando é o propio Partido Popular o culpábel da falta de afluencia de xente moza ao teatro tanto pola suba do IVE cultural como por todas as medidas antisociais que desploman o poder adquisitivo das persoas e, en consecuencia, o consumo, ademais do drama da emigración. Segundo os datos oficiais do INE, só no ano pasado, máis de 8.500 mozos e mozas de entre 25 e 34 anos víronse na obriga de emigrar.

 

O BNG advírtelle á concelleira de Cultura que a culpa de que a xente moza non vaia ao teatro é do PP