O BNG advirte do atraso, de case un ano, das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos

O BNG advirte do atraso, de case un ano, das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos

A Coruña, 27 de xuño de 2013.- O Grupo Municipal do BNG considera ridículo que o Goberno do Sr. Negreira alardee esta mañá da “celeridade” na rehabilitación da fábrica de tabacos cando as obras se atrasarán case un ano. E é que o Consello da Xunta autorizou hoxe a licitación do expediente de rehabilitación, mais, o propio goberno galego, en nota de prensa, sinala que “está previsto que as obras se inicien o último trimestre do ano.

Así, as nacionalistas advirten dos incumprimentos do alcalde en relación aos prazos prometidos na execución das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos, obras que, como anunciara o Sr. Negreira, estaban previstas para xaneiro de 2013. Ademais, o Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que a Xunta de Galiza tan só consignou 1 millón de euros para as obras nos orzamentos de 2013 e que, finalmente, o Goberno galego licita estas actuacións por 20 millóns.

O Grupo Municipal do BNG lamenta a submisión do alcalde da Coruña ao seu partido, despois de que lle regalara o edificio da fábrica de tabacos á Xunta de Galiza a cambio de nada, malia a perda deste patrimonio municipal da nosa cidade.

 

O BNG advirte do atraso, de case un ano, das obras de rehabilitación da fábrica de tabacos