O BNG advirte das présas do PP por enchufar os seus no Concello
A Coruña, 6 de setembro de 2014.- Logo da lectura do proxecto de Lei de racionalización do sector público e outras medidas de reforma administrativa que está a piques de finalizar a súa tramitación parlamentaria (achégase texto aprobado polo Senado e remitido ao Congreso dos Deputados), pódese saber cal é a razón pola que o Goberno Local ten tanta présa por cubrir canto antes as xefaturas de servizos polo procedemento de libre designación. Con esta reforma en trámite do Partido Popular, aqueles funcionarios doutras Administracións que, antes da entrada en vigor desta reforma, entren no Concello da Coruña da man do Goberno Local do Sr. Negreira por libre designación e sexan logo cesados quedarán no Concello da Coruña. En definitiva, virán da man do Partido Popular para se quedar definitivamente como funcionarios no Concello da Coruña, dado que o seu cese como persoal de libre designación non implicará que retornen á súa Administración de orixe.
Veñen para se quedar
Resulta que con este proxecto de lei se reforma o Estatuto Básico do Empregado Público en todo o relativo ao réxime aplicábel ao cese dos funcionarios de carreira que tivesen obtido un posto de traballo polo procedemento de libre designación noutra Administración Pública con anterioridade á entrada en vigor desta lei. Este proxecto de lei modifica o Estatuto Básico do Empregado Público para incluír unha disposición transitoria novena (véxase páxina 40 do PDF que se achegou como anexo), que é a que vai permitir que aqueles funcionarios procedentes doutras Administracións que, antes da entrada en vigor desta reforma, entren no Concello da Coruña poidan quedar aquí para sempre como funcionarios, logo do seu cese como persoal designado polo procedemento de libre designación.
O texto é claro:
Disposición transitoria novena (nueva). Régimen aplicable al cese de los funcionarios de carrera que hayan obtenido un puesto de trabajo por el procedimiento de libre designación en otra Administración Pública con anterioridad a la entrada en vigor de esta Ley.
Lo previsto en el artículo 28, apartado cuatro de esta Ley, por el que se modifica el artículo 84.3 de la Ley 7/2007, de 12 de abril, del Estatuto Básico del Empleado Público, en lo relativo a la obligación de la Administración de origen de asignar un puesto de trabajo a aquellos funcionarios de carrera pertenecientes a la misma que hayan sido cesados en un puesto de trabajo en otra Administración Pública obtenido por el procedimiento de libre designación, será de aplicación a los funcionarios de carrera que obtengan un puesto de trabajo por dicho procedimiento en otra Administración Pública a partir de la entrada en vigor de esta Ley.
En este sentido, los funcionarios de carrera que habiendo obtenido un puesto de trabajo por el procedimiento de libre designación en otra Administración Pública antes de la entrada en vigor de esta reforma fueran cesados en dicho puesto o el mismo fuera objeto de supresión, permanecerán en la Administración de destino, que deberá asignarles un puesto de trabajo conforme a los sistemas de carrera y provisión de puestos vigentes en dicha Administración".
Agora todo o mundo pode entender as présas que ten o Goberno Local (convocatorias no BOP de 6 e 21 de agosto) para colocar aos seus enchufados: haino que facer antes de que entre en vigor a reforma, dado que logo xa é tarde
Para poderen quedarse como funcionarios no Concello da Coruña, logo do seu cese como persoal de libre designación, teñen que obter o posto de traballo polo procedemento de libre designación antes da entrada en vigor da reforma deste proxecto de lei. E este proxecto de lei está a piques de finalizar a súa tramitación parlamentaria, dado que xa está de novo no Congreso dos Deputados despois de pasar polo Senado. Como queda moi pouco, é moi doado coñecer cales son as razóns polas que o Goberno Local ten tanta présa por cubrir xa as xefaturas de servizo cos seus enchufados a través do procedemento de libre desginación, verdade?
O BNG lembra que as prazas foron convocadas no Boletín Oficial da Provincia durante o mes de agosto, en concreto os días 6 e 21 dese mes.