PREGUNTA ORAL NO #PLENOABRIL DO VINDIEIRO XOVES 9A

Avia Veira: "Inés Rey está moi disposta a legalizar os VTC na Coruña. O BNG, desde logo, non"

<p>Avia Veira protesta taxistas fronte á competencia desleal dos VTC.</p>

<p>&nbsp;</p>
Avia Veira fala cun profesional do taxi durante unha das protestas deste servizo público fronte á competencia desleal dos VTC
A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, vaille dirixir unha pregunta oral a Inés Rey no Pleno que se vai realizar o vindeiro xoves 9 de abril.
Avia Veira: "Inés Rey está moi disposta a legalizar os VTC na Coruña. O BNG, desde logo, non"

A candidata do BNG á Alcaldía, Avia Veira, vaille dirixir unha pregunta oral a Inés Rey no Pleno que se vai realizar o vindeiro xoves 9 de abril.

“Cal é o interese de Inés Rey en legalizar os VTC na Coruña?”, ese é o teor literal da pregunta que formulará Avia Veira.

“A pregunta dirixímoslla directamente a Inés Rey. Está claro que algún interese ten. Unha e outra vez, Inés Rey di que hai que legalizar os VTC e que son necesarios na cidade da Coruña”, afirma a nosa concelleira.

A opinión do BNG é contraria. “O noso interese é o de defender o sector do taxi, que é un servizo público, e que afronta a competencia desleal dos VTC [vehículos de transporte con condutor]. Se o servizo do taxi ten déficits, o que nos cabe ás administracións públicas é pór os medios para mellorar a súa situación e non darlle entrada na nosa cidade, e normalizar, a presenza de Cabify, Uber e Bolt”.

Veira chama a que non se incumpra a Ordenanza Municipal de Mobilidade -negociada polo Goberno Local co BNG- e a que non se conculque “constantemente” a lei autonómica “que establece con clareza que os VTC non poden realizar viaxes urbanas”, isto é, que se debe  limitar ao transporte interurbano.

A insistencia de Inés Rey en legalizar os VTC contrasta coa súa falta de interese á hora de impulsar o novo servizo de bus urbano na Coruña [o actual contrato, xa caducado, foi prorrogado durante dous anos, sen introducir melloras]. “Esa si que sería unha medida efectiva para afrontar os problemas de mobilidade que temos na Coruña e, desde logo, un bus urbano que responda ás necesidades das coruñesas e coruñeses si que sería complementario co servizo do taxi”.

“O que vemos, en definitiva, é que Inés Rey está moi disposta a impulsar a legalización dos VTC na Coruña. O BNG, desde logo, non”, conclúe.

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

 

Avia Veira: "Inés Rey está moi disposta a legalizar os VTC na Coruña. O BNG, desde logo, non"