Avia Veira advirte de que o complexo do Castrillón non lle resultará atractivo á veciñanza

Avia Veira advirte de que o complexo do Castrillón non lle resultará atractivo á veciñanza

A Coruña, 25 de maio de 2013.- A concelleira nacionalista Avia Veira rexistrou unha batería de iniciativas sobre o complexo deportivo do Castrillón, do que advirte que non vai resultar atractivo para a veciñanza, tal e como puxera de manifesto a A VV O Castrillón Soto IAR. Consultados os pregos de cláusulas técnicas e administrativas para a contratación do equipamento, a edila do BNG denuncia que os requirimentos mínimos que figuran nos pregos para a construción da piscina son insuficientes.

Avia Veira interésase polos motivos que levan a EMVSA a non estabelecer como obrigatorias as medidas do vaso da piscina da NIDE (Normativa sobre instalacións deportivas e de esparcemento), xa que estas medidas son as que teñen en conta os regulamentos vixentes das federacións. Coas medidas mínimas que recollen os pregos, denuncia a concelleira do BNG, a piscina non podería empregarse para adestramento e prácticas deportivas.

Ademais, a edila nacionalista pon de manifesto que o Goberno municipal non estabelece no proxecto da piscina como obrigatoria a construción dun vaso dedicado ao ensino da natación, xogos libres ou vixiados para crianzas de entre 6 e 11 anos, tal e como recollen as normas NIDE.

 

A concelleira do BNG tamén reclama que EMVSA teña en conta as achegas formuladas pola veciñanza do barrio do Castrillón, xa que, de seguro, vai ser a maior usuaria da instalación.

 

Avia Veira advirte de que o complexo do Castrillón non lle resultará atractivo á veciñanza