Avaliación das novas restricións adoptadas na cidade fronte á pandemia

Vista área da Coruña.
A respecto das novas restricións adoptadas pola Xunta da Galiza na Coruña -ben como en Culleredo, Cambre e Arteixo-, o BNG da cidade manifesta que a saúde ten que ser o primeiro e reafirma o seu apoio a todas aquelas medidas que, co necesario aval científico, sirvan para conter a expansión do virus.
Avaliación das novas restricións adoptadas na cidade fronte á pandemia

Mais á vez o BNG insta a Xunta da Galiza, a administración que dita estas restricións, a que impulse un ambicioso paquete de axudas e compensacións económicas para os sectores máis afectados pola pandemia, nomeadamente a hostelaría e o comercio.

No ámbito municipal, o BNG, no proceso de negociación do PRESCO 2021, achegará tamén propostas para paliar os efectos socioeconómicos da pandemia, como xa veu facendo durante todos estes meses.

 

--
Avaliación das novas restricións adoptadas na cidade fronte á pandemia