UNHA INICIATIVA DE AVIA VEIRA PARA O PLENO DO 14X

Apresentamos unha moción coas necesidades e demandas do barrio da Silva

Encontro Avia Veira con veciñas e veciños da Silva
Encontro de Avia Veira con veciñanza da Silva. Febreiro de 2020.
Historicamente os barrios máis pequenos da cidade non teñen recibido a suficiente atención por parte dos gobernos municipais.
Apresentamos unha moción coas necesidades e demandas do barrio da Silva

Historicamente os barrios máis pequenos da cidade non teñen recibido a suficiente atención por parte dos gobernos municipais.

Isto continúa a ser a así e isto anima o BNG a levar a Pleno, o vindeiro xoves 14 de xaneiro, unha moción en que se recollen as demandas e necesidades do barrio da Silva.

“Malia lindar co Ventorrillo”, explica a autora da iniciativa, a concelleira Avia Veira, “A Silva carece de moitos servizos imprescindíbeis, con carencias como a rede de sumidoiros, fibra óptica para ter acceso a unha Internet de calidade e unha infraestrutura de iluminación axeitada”.

“As veciñas e veciños cos que mantivemos contacto reclaman tamén lugares de encontro, como un parque para as crianzas ou espazos dotados de máquinas biosaudábeis”, di Veira.

Canto ás políticas de mobilidade, A Silva precisa de pasaxes de peóns elevadas, semáforos e dunha conexión segura coa parada de autobús.

“Que queremos? Pois máis igualdade entre os barrios da cidade. Calidade de vida para as coruñesas e coruñeses con independencia da zona da Coruña en que moren. E igualdade significa máis dereitos, máis infraestruturas, máis instalacións e máis servizos”, conclúe.

 

 

 

Apresentamos unha moción coas necesidades e demandas do barrio da Silva