Avaliación da sentenza do TSXG sobre as tarifas do transporte público urbano da cidade

Bus urbano da Coruña
Bus urbano da Coruña
Sintetizamos en tres puntos a avaliación que ao grupo municipal do BNG lle merece a sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galiza en relación á rebaixa de tarifas no transporte público da Coruña.
Avaliación da sentenza do TSXG sobre as tarifas do transporte público urbano da cidade

1.-O Concello debe recorrer a sentenza para protexer os intereses municipais.

2.-Decisións como as adoptadas no seu día en relación á rebaixa de tarifas, tendo en conta a hipótese de eventuais repercusións sobre a Facenda local, teñen que ser tomadas con moito maior cautela. Hai que sinalar tamén que mentres se baixaban as tarifas se perdía a oportunidade de pór en práctica outras medidas, como a reordenación das liñas, o aumento das frecuencias ou a adaptación dos horarios ás necesidades laborais de veciñas e veciños.

3.-Visto o contido da sentenza, fica claro que o Goberno Local debe pensar en asumir a xestión directa do transporte público urbano cando remate a actual concesión, en 2024.

 

 

Avaliación da sentenza do TSXG sobre as tarifas do transporte público urbano da cidade