PREGUNTA POR ESCRITO DE FRANCISCO JORQUERA
Unha andamiaxe abandonada na Cidade Vella, un foco de sucidade
A veciñanza ten denunciado o asunto por a estrutura abandonada se constituÃr nun foco de sucidade e por dificultar a circulación de vehÃculos en horario de carga e descarga.
Jorquera interésase por saber se o Concello ten debidamente localizadas as persoas propietarias do inmóbel ou, se fose o caso, os responsábeis do estado de abandono da andamiaxe.
Cuestiona o voceiro nacionalista se se ten requirido a esas persoas para que resolvan o problema e se ten chegado a sancionalas.
Finalmente, inquire o Goberno Local que medidas ten pensado impulsar para o número 3 da Rúa das Damas deixar de representar un problema de salubridade para a Cidade Vella.