Alcoa quere reducir o salario dos traballadores cando gañou 191 millóns de dólares no 2012
A Coruña, 16 de xaneiro de 2012.- O Grupo Municipal do BNG oponse á rebaixa salarias dos traballadores de Alcoa, empresa que se descolga o convenio colectivo e sobre a que pesa, a día de hoxe, un ERE. As nacionalistas critican que unha vez que a empresa conseguiu, segundo di, unha tarifa eléctrica competitiva pretenda agora reducirlle a capacidade adquisitiva aos seus empregados. Hai que ter en conta, sinala o BNG, que o xigante do aluminio pechou o 2012 cun beneficio neto de 191 millóns de dólares e que, ademais, a propia empresa prognosticou que a demanda mundial de aluminio se incrementará un 7% durante o 2013.
O Grupo Municipal do BNG cualifica a Alcoa como unha peza fundamental do tecido industrial da comarca, non só polo que representa en termos de PIB senón, fundamentalmente, polo número de postos de traballo.
Pola outra banda, e en relación á tarifa eléctrica que viña reclamando a empresa, as nacionalistas insisten en que é indispensábel unha tarifa eléctrica propia para Galiza, dado que o marco legal así o permite. Esta medida non só beneficiaría as empresas, beneficiaría tamén o conxunto do pobo. O BNG apunta que temos unha das tarifas eléctricas máis caras da UE, nun país que é especializado na produción enerxética, ao que se lle espoliaron os recursos naturais e onde, curiosamente, o máis caro é a distribución.