UN ROGO DA AUTORÍA DE FRANCISCO JORQUERA

A alcaldesa debe elevar "a súa máis enérxica protesta" ante as responsábeis de Masterchef

MasterChef Corunha
MasterChef Corunha
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, rexistrou un rogo oral, para a súa lectura no Pleno do primeiro xoves de novembro, por medio do cal pide á alcaldesa que se dirixa ás persoas responsábeis de Masterchef para lles transmitir a “protesta máis enérxica” pola falta de respecto ao idioma galego na que caeron os condutores do programa.
A alcaldesa debe elevar "a súa máis enérxica protesta" ante as responsábeis de Masterchef

Denuncia na iniciativa Jorquera que os condutores do Masterchef non só se mofaron do noso idioma, senón que mesmo, en declaracións posteriores, o rebaixaron á categoría de dialecto.

Lembra o voceiro nacionalista que o programa contou cunha xenerosa subvención do Consorcio de Turismo da Coruña, por importe de 50 mil euros.

A falta de rigor dos condutores do programa –a falaren de anisakis nunha peza de peixe, cando abonda con o limpar ben ou con cociñalo a unha temperatura adecuada- e a ridiculización do acento das persoas galegas foi tal que cómpre unha protesta formal por parte da alcaldesa da cidade, considera Jorquera.

Non é de recibo, alega, que unha televisión pública nos falte ao respecto e é “insultante” que o faga despois de ter recibido diñeiro precisamente do Consorcio de Turismo da Coruña, conclúe.

 

 

A alcaldesa debe elevar "a súa máis enérxica protesta" ante as responsábeis de Masterchef