DIÑEIRO DO CONCELLO, SI PARA OS ACCESOS, NON PARA AS EXPROPIACIÓNS

O acordo Xunta-Goberno Local sobre o CHUAC faise finalmente sobre as bases que o BNG defendeu desde o principio

Entrada de urxencias do CHUAC
O BNG abstívose na votación do convenio para a ampliación do CHUAC no Pleno que se realizou no Concello o 27 de xaneiro de 2021.
O acordo Xunta-Goberno Local sobre o CHUAC faise finalmente sobre as bases que o BNG defendeu desde o principio

Daquela a concelleira Avia Veira explicou que o BNG se abstiña, entre outras cuestións, por considerarmos que o Concello non debía cofinanciar as expropiacións dunha obra de titularidade supramunicipal.

Agora, Xunta e Goberno Local chegan a un acordo precisamente sobre as bases que o BNG defendeu desde o principio: diñeiro para os accesos, si; para as expropiacións, non.

Lamentamos o tirapuxa partidario entre as dúas administracións que nos fixo perder tempo e enerxías, mais é evidente que a evolución dos acontecementos acabou por nos dar a razón.

Cumpre salientar que o Goberno Local aceptou en primeira instancia que o Concello financiase as expropiacións e así foi recollido no convenio que levou a Pleno e que foi aprobado cos votos do PP.

Agora rectifica e asume a nosa posición, circunstancia da que non podemos máis que congratularnos.

Na súa conta twitter, a concelleira do BNG Avia Veira ironiza coa postura que adoptou o Goberno Local após o Bloque se abster naquel Pleno de xaneiro de 2021: "Dicía o Goberno Local que nos descolgábamos dun acordo histórico. Históricas son as voltas que deu o Goberno de Inés Rey e que teña que volver a Pleno".

 

O acordo Xunta-Goberno Local sobre o CHUAC faise finalmente sobre as bases que o BNG defendeu desde o principio