AVIA VEIRA REXISTRA UN FEIXE DE PREGUNTAS POR ESCRITO AO RESPECTO
Abandono total de calzadas e beirarrúas en Durmideiras
A concelleira do BNG Avia Veira rexistrou un feixe de preguntas por escrito en relación a problemas de mantemento -que atinxen de forma especial o estado da calzada e das beirarrúas, que presentan moitas deficiencias- no barrio de Durmideiras.
08 out. 2025 - 13:24
Veira quere saber se o Goberno Local é consciente destes problemas e se lle vai ordenar á empresa encargada do mantemento de firmes e calzadas que repare aquelas que se atopan en mal estado.
A concelleira nacionalista interésase tamén por outros asuntos que demandan unha rápida actuación do Executivo coruñés, desde os problemas de accesibilidade á zona do aparcadoiro da praza de Branca Quiroga até a falta de control do arborado da zona das palmeiras do barrio.
A ferruxe no peche e nos protectores da pista de patinaxe e os valados e cintas en mal estado que impiden o tránsito peonil na rúa Cutty Sark, fronte ao parque infantil, son outras circunstancias que merecen a atención por parte do Goberno Local, remarca Veira.