O propio Goberno evidencia que si pode actuar nos solares abandonados e edificios inacabados

O propio Goberno evidencia que si pode actuar nos solares abandonados e edificios inacabados

edificioA Coruña, 14 de agosto de 2014.- O Grupo Municipal do BNG pon de manifesto que o acordado na Xunta de Goberno Local do pasado venres en relación ao terreo da Avenida de Fisterra 176-178 (declaración de incumprimento da orde de execución de medidas de seguridade e salubridade no terreo sito na Avenida de Fisterra 176-178 por parte da entidade Bosetti Promociones SL e Sociedade de Investimentos SL, firmeza da mesma, caducidade da licenza 621/2840/2005 e medidas destinadas a evitar riscos) demostra que, como defende o Bloque, o Goberno municipal si pode intervir nos solares abandonados e os edificios inacabados.

A documentación aprobada en Xunta de Goberno sinala que “dados os antecedentes que constan no expediente: abandono do solar, non cumprimento da orde de execución, práctica imposibilidade para a notificación, adivíñanse razoabelmente dificultades en orden á necesaria adecuación do solar (...) polo cal parece prudente dispoñer o oportuno ante a presumíbel certeza de inactividade pola obrigada e así, acelerar os trámites administrativos en orden a dispoñer o necesario para a execución subsidiaria, mandato a favor da administración”. Dentro do contido da orde de execución, atópanse os labores de mantemento no valado das obras, a limpeza do solar, a comprobación da boa impermeabilización da medianeira e o estabilización desta ou o recheo da escavación executada.

O BNG propuxo que no caso dos solares abanonados e de edificios inacabados se exixa a reposición do terreo a un estado anterior e o acondicionamento para uso público cunha pequena intervención

Precisamente, no último pleno ordinario, que tivo lugar en xullo, o Grupo Municipal do BNG criticara que a ordenanza para a intervención e control na execución de obras, implantación de instalacións, actividades ou servizos (rexeitada polas nacionalistas) non estabeleza ningunha medida cos esqueletes ou edificios sen rematar que existen na nosa cidade. O Grupo Municipal do BNG propuxo no citado pleno que a ordenanza contemplase a exixencia da reposición do solar a un estado anterior e o acondicionamento deste estado para uso público cunha pequena intervención para contrarrestar as situacións de esqueletes e edificios a medio facer en distintos puntos da cidade, mentres os propietarios non decidisen acometer novas intervencións suxeita a licenza.

As nacionalistas xa lle expuxeran ao Goberno do Sr. Negreira que a inclusión no rexistro de solares posibilita a súa posterior expropiación ou edificación forzosa, ben a cargo do concello, ben a cargo dun axente urbanizador e lembráranlle que a declaración de caducidade dunha licenza ampara a demolición do construído ao seu amparo. A este respecto, as nacionalistas lembran o que recolle o art. 66 da Ordenanza Rehabilitación sobre “inmuebles incluídos” (no Rexistro de Solares):

"A los efectos de su inclusión en el Registro, se entenderán:

a) Por solares no edificados, los que carezcan total o parcialmente de construcciones permanentes, con arreglo a las normas vigentes y disposiciones de los planes. EN PARTICULAR, SE CONSIDERARÁN NO EDIFICADOS LOS SOLARES EN LOS QUE EXISTAN OBRAS ABANDONADAS O SUSPENDIDAS, ENTENDIÉNDOSE COMO PARALIZADAS LAS CONSTRUCCIONES, POR EL TRANSCURSO DE UN AÑO DESDE EL MOMENTO REAL DEL ABANDONO, SUSPENSIÓN O DECLARACIÓN DE CADUCIDAD DE LA LICENCIA QUE, EN SU MOMENTO SE HUBIESE CONCEDIDO, SIEMPRE QUE CONSTE LA VOLUNTAD INEQUÍVOCA DE ABANDONAR LA EDIFICACIÓN”.

O propio Goberno evidencia que si pode actuar nos solares abandonados e edificios inacabados