Carril presenta a autodenuncia na causa contra as persoas denunciadas polo desaloxo da Sra. Aurelia
A Coruña, 15 de marzo de 2013.- O portavoz do Grupo Municipal do BNG, Xosé Manuel Carril, presentou esta mañá nas dependencias xudiciais o escrito en que solicita ser citado, en calidade de denunciado, ao acto do xuízo de faltas sinalado para o 4 de abril de 2013 contra tres persoas denunciadas polo desaloxo da Sra. Aurelia Rei.
No escrito, Carril pon de manifesto que o 4 de abril de 2013 terá lugar o xuízo de faltas de referencia, seguido por delito sen especificar, contra tres persoas por unha presunta falsa. Engade que as actuacións indicadas son iniciadas por denuncia da Policía Nacional da Coruña, en virtude do atestado 1372/13.
O portavoz do BNG expón que neste atestado determinante da celebración deste xuízo de faltas figura o propio Carril expresamente. Así, recolle no escrito o contido do atestado: ... se va quitando a varias de las personas agarrándolas por los brazos siendo las más activas en esta resistencia, el concejal de seguridad ciudadana del ayuntamiento de La Coruña por el Bloque Nacionalista Galego (BNG) siendo el señor José Manuel Carril, y el concejal de Ayuntamiento de la Coruña por Izquierda Unida, señor Cesar Santiso, los cuales forcejearon con los policías y se tiraron suelo para evitar ser retirarlos del lugar teniendo que ser agarrados por dos funcionarios cada uno para poder sacarlos del portal e estas dos personas volvieron en dos ocasiones más al portal, saltándose el cordón policial.
Carril apunta no escrito presentado esta mañá nos Xulgados que neste atestado policial queda constancia de que eu participei nos feitos polos que van xulgadas estas tres persoas no xuízo de faltas antes indicado. Engade que sendo certo que eu participei nos feitos polos que van ser xulgadas estas tres persoas, o atestado policial que dá lugar a estas actuacións relata uns feitos que non son rigorosos nin se axustan á realidade do que pasou, ademais de non seren constitutivos de ningún tipo de responsabilidade penal, tal e como tentarei demostrar comparecendo ao acto do xuízo cos medios de proba correspondentes.
A xustiza, igual para todos e todas
Unha vez tivo coñecemento, o pasado venres, de que non había ningunha causa aberta contra a súa persoa polos feitos que tiveron lugar o día 18 de febreiro na rúa Padre Feijóo en relación ao desaloxo da Sra. Aurelia Rei, o portavoz do BNG no Concello da Coruña anunciou que se autoinculparía na causa.
Carril considera que se por estes feitos, que, como sinalou no escrito, non son rigorosos, nin se axustan a legalidade, nin son constitutivos ningún tipo de responsabilidade penal, se van xulgar tres persoas, habería que xulgar a todos e todas as que alí estivemos presentes, porque a xustiza é igual para todos e todas.