O BNG reivindica un San Xoán galego e popular no tradicional reparto das herbas
A Coruña, 23 de xuño de 2015.- Esta mañá, o Bloque Nacionalista Galego no seu tradicional reparto de herbas de San Xoán reivindicou un San Xoán popular e galego.
A concelleira nacionalista, xunto con compañeiras e compañeiros do BNG da localidade, repartiron esta mañá un cento de ramos coas herbas do San Xoán para reivindicar o carácter popular e tradicional desta celebración.
Trátase dunha festa que se fai soa, tradicional, galega, popular e de barrios, que non precisa de gastos nin de excesos
A concelleira nacionalista, xunto con compañeiras e compañeiros do BNG da localidade, repartiron esta mañá un cento de ramos coas herbas do San Xoán para reivindicar o carácter popular e tradicional desta celebración.
O San Xoán é unha festa que se fai soa, unha festa do pobo que non precisa de gastos nin de excesos que ao final poden determinar que se acaben perdendo as tradicións. O papel do Concello nesta celebración debe ser unicamente garantir a seguridade e a normalidade, declarou Avia Veira.
Por último, desde o Bloque da Coruña tamén quixeron reivindicar o carácter galego desta festa pois o San Xoán forma parte da nosa tradición e do patrimonio cultural das galegas e dos galegos, que ten de ser promocionada en galego, cuns ricos e vizosos costumes e tradicións históricas que cómpre celebrar mantendo os seus ritos e tradicións.