Novas
Luz verde unánime a unha proposición non de lei do BNG para crear o Espazo Lugrís na rúa Olmos
02/maio/2025
A deputada coruñesa do Bloque Nacionalista Galego Mercedes Queixas interveu na Comisión 4ª de Educación e Cultura do Parlamento para alertar, máis unha vez, sobre o grave risco que corre o conxunto de 12 murais de Urbano Lugrís situados no baixo dun edificio da rúa Olmos da Coruña.