Novas
Lage contradí Inés Rey: "Por que lle imos cambiar o nome ao Teatro Colón? Por que desvestir un santo para vestir unha santa?"
13/dec./2022
O pasado 10 de marzo o grupo municipal do PSOE votou contra unha iniciativa a prol de o Teatro Colón pasar a chamarse Teatro María Casares. Mais o 21 de novembro, e durante a presentación do documentario de Xavier Villaverde sobre a obra e a vida da xenial actriz coruñesa, a alcaldesa sumouse á petición formulada por axentes culturais da cidade a favor de, no ano do seu centenario, lle render tributo á mítica intérprete galega pondo o seu nome ao que, xuntamente co Rosalía, constitúe o espazo teatral máis emblemático da nosa cidade.