Arranca na Coruña unha campaña contra o tarifazo eléctrico e a prol de alternativas galegas que abaraten a enerxía
Levamos a demanda da Tarífa Eléctrica Galega ao Pleno ordinario de febreiro
Trasladamos ao Pleno ordinario de febreiro unha moción para solicitar a tarifa eléctrica galega e o IVE superreducido do 4% na factura da luz
A iniciativa enmárcase dentro da proposta presentada a nivel nacional a finais de xaneiro e que denuncia a situación de pobreza enerxética que están a sufrir moitas galegas e galegos
Demandamos da Corporación un compromiso unánime que atenda á situación deses miles de galegas e de galegos e á condición do noso país como excedentario na produción de electricidade; é inadmisíbel que en Galiza, o maior produtor de enerxía do Estado, paguemos a electricidade máis cara que noutras partes e que na actualidade se estean dando situacións de pobreza enerxética e de abandono a súa sorte as persoas que máis necesitan o apoio das administracións
A enerxía ao servizo do pobo!
Realizamos na mañá do venres 3 de febreiro un reparto demandando a tarifa eléctrica galega e o IVE superreducido do 4% para a factura da luz
Esta actividade, realizada diante das oficinas de Gas Natural Fenosa de Xoán Flórez, enmárcase dentro da nosa proposta presentada esta semana pola nosa portavoz nacional Ana Pontón
As administracións non poder quedar paradas ante a situación diaria de miles de persoas que no noso país non poden acender as calefaccións nas súas casas: reducir o IVE na factura da luz do 21 % ao 4 %, acompañado dunha tarifa eléctrica galega, significaría rebaixar unha factura de 150 euros a 100 euros. É por iso que entendemos que as declaracións feitas polo Sr. Feijóo no Parlamento son indignantes e amosan até que punto está illado da realidade e son insensíbeis coa situación do pobo