Novas
O Goberno Local debe mediar entre Xunta e Estado para que se indemnice as mariscadoras da Ría do Burgo
24/nov./2021
A Xunta di que é o Estado quen ten que indemnizar as e os mariscadores da Ría do Burgo (por ser a administración responsábel da dragaxe), en tanto que o Estado replica que é a Xunta quen o ten que facer (por ter as competencias en pesca e marisqueo), nun xogo que o noso voceiro en María Pita, Francisco Jorquera, ten definido como “unha partida de ping pong interminábel” na que se usa como reféns as persoas mariscadoras.