Novas
Por un Plan de Normalización Lingüística no primeiro semestre de 2024!
05/xan./2024
A concelleira do BNG Mercedes Queixas acaba de rexistrar unha moción, para o seu debate no Pleno do vindeiro xoves 11 de xaneiro, visando que se dea cumprimento a dúas previsións da Ordenanza do Galego que está en vigor no Concello desde xuño de 2021. En concreto, o impulso dun Plan de Normalización e a creación do Consello Local da Lingua.