Novas
"Se decide voltar ao pasado, o Goberno Local encontrará no BNG un firme opositor"
10/set./2020
“Se o novo rumbo” que vai tomar o Goberno Local após a recente crise de goberno, saldada coa incorporación dunha concelleira proveniente de Ciudadanos, significa “a volta ás políticas do pasado” o executivo coruñés encontrará no BNG “un firme opositor”, advertiulle Francisco Jorquera ao portavoz do gabinete municipal, José Manuel Lage, durante a quenda de preguntas orais do pleno.