Novas
A senadora do BNG pide explicacións ao goberno central polo fallo do sistema Vioxén por non protexer Maritza
20/xuño/2025
Carme da Silva acaba de solicitar a comparecencia da delegada do Goberno contra a Violencia de Xénero para que dea explicacións sobre como é posíbel que dúas mulleres en teoría protexidas polo sistema Vioxén -unha delas, a nosa veciña Maritza- fosen asasinadas nun intervalo de apenas dúas semanas.