Novas
Negociación dos orzamentos: principio de acordo sobre os participativos e as bases de execución
19/dec./2025
A negociación dos orzamentos do Concello para 2026 avanza “na boa dirección” e “os vindeiros días serán decisivos”, afirmou esta mañá o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, quen convocou os medios no Pazo de María Pita para informar sobre a marcha das conversas co Goberno Local.