Novas
A negociación dos orzamentos "propiamente aínda non comezou" porque o Goberno Local continúa sen cumprir os acordos xa asinados
30/set./2024
O Comedor Abelenda do Pazo de María Pita acolleu esta mañá unha “reunión formal” entre o grupo municipal do BNG e integrantes do Goberno Local para dar así cumprimento o compromiso do Acordo de Investidura segundo o cal no mes de setembro comezaría a negociación dos orzamentos do exercicio seguinte.