Novas
Preguntámoslle a Inés Rey se o seu concelleiro de Emprego e Educación se dedica en exclusiva ao Concello
14/xuño/2024
A concelleira do BNG Mercedes Queixas levará ao Pleno do mes de xullo a situación na que se acha o concelleiro de Emprego e Educación, Juan Ignacio Borrego, membro do Goberno Local con dedicación exclusiva e que, segundo ten transcendido, ten participado en “reunións e negociacións como representante da súa actividade profesional privada”.