Novas
Jorquera, sobre a reunión da alcaldesa co Consorcio das Mariñas: "Chega tarde"
13/feb./2023
“Esta reunión chega tarde. Xa o denunciamos no Pleno do Concello realizado o pasado 2 de febreiro. É incríbel que a alcaldesa non tivese un contacto cos alcaldes do Consorcio das Mariñas antes de presentar o proxecto da nova planta de Nostián”, afirma o voceiro do BNG e candidato á Alcaldía, Francisco Jorquera, como avaliación do encontro habido hoxe entre Inés Rey e os alcaldes do consorcio.