Novas
A impresionante dignidade dos 8 obreiros de Brens
22/ago./2022
Un sinxelo e emotivo tributo –unha ofrenda floral diante do monumento da memoria deseñado por Isaac Díaz Pardo no Campo da Rata- foi o que renderon na mañá do sábado 20 de agosto militantes do BNG de Cee e Corcubión aos 8 obreiros da fábrica de Brens, sindicalistas da naquela altura chamada Fábrica Hidroeléctrica do Pindo- fusilados o 18 de decembro de 1936 por teren organizado unha folga contra o golpe de estado fascista. Na homenaxe participou o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera.