Novas
Imaxes e palabras contra o cemento nas Percebeiras
18/feb./2021
Un veciño de Labañou fai fotografías pola cidade adiante. Esqueletos de edificios abandonados, vivendas baleiras. Iso é o que a súa cámara recolle en imaxes. Ese mesmo veciño vive nun barrio sobre o que paira agora a ameaza de ser asolagado con aínda máis cemento, máis vehículos, máis contaminación. No seu horizonte está infelizmente o proxecto das Percebeiras, unha actuación urbanística impulsada polo Goberno Local que conta coa oposición da veciñanza e do BNG.