O BNG alédase de que PSOE e Marea rectifiquen sobre a Área Metropolitana e tomasen nota da iniciativa nacionalista
A Coruña, a 19 de agosto de 2021. O grupo municipal do BNG alédase de que o PSOE e Marea Atlántica rectifiquen en relación á Área Metropolitana e de que o impulso do BNG -en concreto, unha moción nacionalista foi aprobada polo Pleno do Concello o pasado 3 de xuño- dese resultado.
Cales son as propostas do Goberno municipal aos grandes problemas da cidade?
Xa nos temos posicionado publicamente sobre os peiraos e os seus usos, sobre a mobilidade e a Área Metropolitana e xa lle temos trasladado en numerosas ocasións as nosas propostas. Cremos que ten que ser agora o Goberno municipal quen poña negro sobre branco as propostas concretas para avanzar na resolución dos grandes problemas da cidade e, polo tanto, tócalle agora ao Executivo local deixar as ambigüidades e falar claramente de cales son as súas apostas
Avia deu traslado ao alcalde da posición clara que vimos mantendo no BNG desde hai anos e que vén recollida nos programas electorais de 2011 e 2015 a respecto da Fachada Marítima e os usos dos peiraos interiores, a mobilidade e Área Metropolitana
Na posterior comparecencia, e a preguntas da prensa sobre os orzamentos, a nosa voceira no Concello demandou que o Goberno municipal vaia dando pasos adiante para cumprir co manifestado polo alcalde no Pleno da cuestión de confianza no que se comprometía a incorporar a través dun modificativo as emendas que presentaron as nacionalistas aos orzamentos 2017