Novas
Acordo político para uns "bos orzamentos" para A Coruña que entrarán en vigor a 1 de xaneiro, o que non acontecía desde 2015
24/nov./2023
Os orzamentos do Concello para 2024 serán uns “bos orzamentos” e entrarán en vigor o 1 de xaneiro, o que constitúe “un logro do que debemos felicitarnos”, unha circunstancia que non acontecía desde 2015. Nestes termos expresouse o portavoz do BNG no Concello, Francisco Jorquera, após ter asinado coa alcaldesa Inés Rey o Acordo Político que posibilitará a aprobación do proxecto de orzamento do Concello da Coruña para 2024, produto de “meses de negociacións intensas e laboriosas, pero que deron froito”.