O Sr. Negreira gastou 30.000 euros nun informe sobre a adxudicación das obras da Gaiteira
A Coruña, 13 de agosto de 2013.- A concelleira do BNG María Xosé Bravo denuncia que o Goberno municipal gastou 30.000 euros nun informe técnico contratado a unha empresa externa ao Concello, Enmacosa, S.A., sobre as obras da reforma da Gaiteira. Advirte a edila nacionalista de que existe persoal técnico municipal perfectamente cualificado que podería encargarse deste labor, que lle aforraría cartos á cidadanía e que garantiría a independencia do informe.
María Xosé Bravo explica que no Prego de cláusulas administrativas particulares regulador da contratación da remodelación integral da Gaiteira recollía no seu apartado 15.1 Apertura y valoración de las ofertas que una vez calificada la documentación administrativa presentada, se procederá a anunciar en el perfil del contratante o en el tablón de anuncios de contratación la apertura pública del sobre B y a la remisión de dicha documentación al servicio correspondiente para que el Técnico, Comité de Expertos u Organismo Técnico Especializado (cuya composición se designará por el órgano de contratación a propuesta de la Mesa de Contratación), emita informe técnico debidamente motivado respecto de los factores de adjudicación del procedimiento abierto con multiplicidad de criterios. É este o informe que o Goberno municipal lle encargou a unha empresa allea ao Concello.
María Xosé Bravo, que tivo acceso ao expediente sobre as obras da Gaiteira, vén de presentar unha batería de preguntas para a resposta escrita nas que se interesa polas razóns que levaron o Goberno do Sr. Negreira a decidir a externalización da redacción do informe técnico. Tamén pregunta se entende que non existen técnicos municipais que poidan facer eses traballo e se lle resulta axeitado dilapidar 30.000 nun informe externo.
A rúa da Gaiteira, practicamente levantada e con valados durante o mes de agosto
Ademais, a concelleira do BNG emite máis preguntas relacionadas coas obras, como a que empresa lle contratou ALDASA o control de calidade externo, por que neste mes de agosto practicamente toda a rúa está levantada e con vallas, o que fai moi complicado o paso así como as terrazas dos locais de hostalaría, se o pavimento que se está a colocar é o que se indica, é dicir, o Moreno-cañiza de 8 centímetros de espesor e se se está a seguir o Plan trazado que supuña que nunca máis de dous tramos de rúa estaban á vez en obras (táboa).