O PP continúa coa plantación de árbores na Agra do Orzán
08 xan. 2015 - 15:55
A Coruña, 8 de xaneiro de 2015- O Partido Popular segue coa plantación de árbores na Agra do Orzán. Despois de tapar con cemento todos os buracos abertos na zona na que se cruzan a rúa Agra do Orzán e a rúa Meira, agora tócalle a quenda á rúa Vila de Negreira, á altura da rúa Observatorio.
As nacionalistas non entenden como despois de adecentar estas beirarrúas o Goberno doSr. Negreira tapa con cemento os buracos realizados nos que supostamente ían ir árbores.