A liberalización de horarios imposta polo PP vai destruír o pequeno e mediano comercio
A Coruña, 4 de xullo de 2014.- En relación coa aprobación no día de hoxe en Consello de Ministros do Real Decreto-Lei de medidas urxentes para o crecemento, a competitividade e a eficiencia, o Grupo Municipal do BNG quere manifestar que a inclusión da cidade na liberalización dos horarios por causa do turismo non vai supor ningún beneficio para o pequeno e mediano comercio da cidade. Todo o contrario, vai supor o golpe definitivo para a destrución do pequeno e mediano comercio para beneficio das grandes áreas comerciais que se deben estar frotando as mans.
O BNG pídelle ao Sr. Negreira que sexa sincero, que non pretenda defender o indefendíbel e que non engane á cidadanía nin ao pequeno e mediano comercio con esta medida salvaxe, que implica o barra libre para as grandes áreas comerciais.