O Goberno rexeita responder á iniciativa do BNG sobre as rúas de Labañou
A Coruña, 1 de abril de 2015- O Sr. Negreira concluirá o seu mandato sen amañar o lamentábel estado en que se atopa o firme das rúas Francisco Rodríguez Otero e Fogar Calvo Sotelo, localizadas no barrio de Labañou.
En resposta a unha pregunta do BNG para coñecer se é consciente da situación na que se atopan estas rúas e se ten pensado amañar o pavimento destas rúas, o Goberno local négase a responder. O Grupo Municipal do BNG insiste en exixirlle o arranxo destas rúas, que se atopan a uns metros dun dos museos máis importantes da cidade, o Muncyt.
Na resposta á pregunta, o Goberno do Sr. Negreira tan só alude á retirada dos postes de madeira do tendeiro eléctrico inutilizados