Denunciamos o estado en que se atopan as rúas Francisco Rodríguez Otero e Fogar Calvo Sotelo
A Coruña, 9 de febreiro de 2015- O Grupo Municipal do BNG presentou esta mañá unha pregunta para a resposta escrita na que denuncia o estado lamentábel en que se atopan as rúas Francisco Rodríguez Otero e Fogar Calvo Sotelo, unhas rúas que se atopan a uns metros dun dos museos máis importantes da cidade, o Muncyt.
Ademais, o Grupo Municipal do BNG transmítelle ao Goberno do Sr. Negreira o malestar da veciñanza, dadas as reiteradas peticións todas elas sen atender- para que se retiraran do medio das beirarrúas de Sor Joaquina á altura do cruzamento coa rúa Francisco Rodríguez Otero os postes de madeira do tendido eléctrico dun inmóbel xa rematado hai tempo.
Neste contexto, o Grupo Municipal do BNG pregúntalle ao Goberno do Sr. Negreira se é consciente da situación na que se atopan estas rúas, se ten pensado amañar o pavimento destas rúas e cal é o motivo polo que aínda non se atendeu a petición dos veciños e veciñas para a retirada dos postes de madeira situados na rúa Sor Joaquina á altura do cruzamento coa rúa Francisco Rodríguez Otero.