O conto de nunca acabar: os custos das festas do San Xoán ascenden a 633.000
A Coruña, 9 de outubro de 2014- O Grupo Municipal do BNG vén de coñecer novos gastos relativos ás festas de San Xoán que se suman ao máis de medio millón de euros denunciados anteriormente polas nacionalistas despois de que accederan ao expediente do IMCE sobre esta festa e a distintas resolucións de Alcaldía. En total, todos os gastos do San Xoán que puido consultar o Bloque ascenden a 633.222,10 (dato que se obtén sumando todas as cantidades que expoñemos na nota de prensa). As nacionalistas témense que sigan aparecendo gastos relacionados con estas festas.
Os últimos datos aos que tivo acceso o BNG, a través de máis resolución de Alcaldía e a través da resposta á pregunta escrita sobre os gastos da Concellaría de Medio Ambiente no San Xoán, apuntan a novos gastos por valor de 101.025,55 euros. Destes, un total de 72.527,40 euros correspóndense coa inserción de publicidade en medios de comunicación; un total de 4.317,99, coa realización de 8 prismas cuadrangulares festas de San Xoán e 2.294,16 euros nun novo aluguer de sanitarios para esa noite. En relación aos gastos de Medio Ambiente, o BNG tivo coñecemento dos 7.260 euros dos monitores medioambientais; dos 4.437 euros que custou 125 metros de valado no paseo marítimo; dos 4.318 euros da sinalización dos colectores do lixo; dos 2.700 euros que custaron os carteis cos consellos medioambientais; dos 1.473 en axuda a bombeiros; en 1.170 euros que custou a colocación de mástiles no paseo e 528 euros que custou a retirada de bandeiras.
Outros gastos dados a coñecer anteriormente polo BNG
As anteriores resolucións de Alcaldía ás que tivera acceso o BNG recollían gastos como os 31.799,03 euros do subministro de madeira e mais da coordinación do reparto da leña (17.448,20 euros do subministro e 7.165,18 euros da coordinación do reparto de leña); os 11.076,80 euros nas cámaras de vixilancia instaladas para o San Xoán; os 10.000 euros do alugueiro dun posto de vixilancia mediante cámaras DOMO telecontroladas para o dispositivo das fogueiras; os 1.076 euros para a instalación e desmontaxe, trenzado e cadros eléctricos para a instalación de cámaras dispositivo San Xoán 2014 ou os 9.583,80 euros na contratación do servizo de vixilancia privada nas praias de Riazor, Orzán, As Lapas e Punta Herminia.
Tamén denunciara o BNG os gastos de 14.350,83 euros na contratación dunha campaña de promoción e comercialización turística online; de 1.754,50 euros no deseño e impresión de 50.000 rifas de viaxes de San Xoán; de 1.210 euros no espazo publicitario insertado na revista Hogueras 2014; de 4.464,90 euros do alugueiro de sanitarios no areal; os 1.529 euros de dez colectores de obra e 338,80 euros en dúas reunións relacionadas co dispositivo de seguridade.
O IMCE gastou, cando menos, 445.012,89 euros nas festas de San Xoán
A todas as cifras anteriores hai que sumarlles os 445.012,89 euros reservados polo IMCE (no 2013, o IMCE reservou para o San Xoán 398.470 euros, un 22,85% menos que este ano), uns cartos que puideron ser incrementados. E é que o expediente do IMCE ao que tivo acceso o BNG advertía de que os cartos reservados poderían ser incrementados nun 10%, até chegar aos 489.514 euros.
Os gastos desglosados que fixera públicos o Grupo Municipal do BNG no mes de xuño foron os seguintes
Orquestra Foliada: 4.235
Manicómicos: 27.704
D. Gelati e Robinson: 10.812,56
Los Secretos: 65.945
Nacha Pop, La Unión e Los Limones: 31.460
Bipolar Fest: 25.531
Los títeres e La cocinita sabrosa: 13.068
Festival Rock-Roll stars: 50.820
Espectáculo pirotécnico: 8.900
Construción da falla: 18.150
Festival infantil: 32.428
Hogueras de San Juan: 20.900,25
Sardiñada: 12.705
Persoal: 8.200
Varios (actividades infantís, conexión eléctrica...): 17.000
Varios (montaxes, infraestruturas, aluguer de carroza, equipos son...): 29.000
Varios (creatividade, maquetación e impresión do programa): 20.752
Mupis publicitarios: 19.650,40
Bandeirolas: 16.000
Pantalla LED: 8.772,50
Seguridade: 2.979,07
TOTAL IMCE: 445.012,89 euros