Carril: "Son el@s, @s que personalizan o significado da xustiza social, quen merecen o manifesto"

Carril: "Son el@s, @s que personalizan o significado da xustiza social, quen merecen o manifesto"

XOSEA Coruña, 19 de maio de 2015- A preguntas dos medios de comunicación nun almorzo informativo, Xosé Manuel Carril, cabeza de lista do BNG-Asembleas Abertas, puxo de manifesto en relación ao manifesto de apoio á candidatura que encabeza -impulsado por persoas a título individual, de distintas sensibilidades políticas e non militantes do BNG- que “se alguén merece o manifesto son eles e elas”. Sinalou que se sente “emocionado e agradecido” e salientou que “estas persoas personalizan o que é a xustiza social”.

Nas mesma liña, afirmou que “durante estes anos, ensináronme, a través das palabras e dos feitos sinceros e coherentes das súas accións, o que significa realmente a bondade e a xenerosidade”. “Elas e eles asinan un manifesto cidadán, cando tería que ser ao revés. Habería que promover e asinar un manifesto cidadán a cada unha das persoas que alí figuran (un manifesto todos os días de todos os anos) polo que teñen feito e polo que fan, sen esperaren nada a cambio e sempre cun sorriso na boca a pesar do que padecen”, engadiu.

O manifesto e as persoas asinantes pode consultarse en euvotoporcarril.eu.

Podes ler aquí o agradecemento de Carril.

 

Carril: "Son el@s, @s que personalizan o significado da xustiza social, quen merecen o manifesto"