Carril: "A solución ao conflito da loita de clases pasa pola democracia e pola soberanía"
A Coruña, 25 de abril de 2015.- Membros das candidaturas do BNG-Asembleas Abertas da cidade da Coruña e de todos os Concellos da comarca participaron, como todos os anos, na manifestación convocada pola CIG con motivo do 1 de maio, unha mobilización que partiu ao mediodía da praza de Vigo baixo o lema Contra a pobreza, emprego e salarios dignos.
En declaracións aos medios, o candidato do BNG-Asembleas Abertas no Concello da Coruña, Xosé Manuel Carril, puxo de manifesto reivindicou ser claros e claras fronte ás ambigüidades, as indefinicións ou os eufemismos empregados intencionadamente. Nesta liña, sinalou que vivimos un conflito que se está amosando na súa máxima crueza, un conflito que trae causa da explotación dunha maioría por unha minoría de porcos que están vivindo por conta de todos e todas nós, un conflito que sempre se chamou loita de clases.
Carril salientou que a solución a este conflito depende única e exclusivamente de apostar pola democracia fronte aos mercados e pola soberanía de Galiza fronte ás oligarquías, o que implica que para que haxa políticas de esquerdas ten que haber soberanía.