Bravo: "O Sr. Lorenzo non estivo á altura do seu cargo no caso de Aurelia Rei"
A Coruña, 9 de abril de 2013.- A concelleira nacionalista María Xosé Bravo respóndelle ao Sr. Lorenzo que "non estivo á altura da súa responsabilidade como concelleiro de Servizos Sociais ao longo do caso da Sra Aurelia Rei". Bravo, que o día do peche nas oficinas da concellaría estaba acompañando as persoas activistas de STOP DESAFIUZAMENTOS, lémbralle ao Sr. Lorenzo que "a concellaría non é da súa propiedade, senón de todo o pobo", e que "o BNG estaba onde tiña que estar, do lado das persoas, e quen non estaba onde tiña que estar era o propio concelleiro de Servizos Sociais".
Ademais, Bravo sinala que "en ningún momento se cruzaron correos privados". Simplemente, despois de que a nacionalista pedira na concellaría poder falar co edil, o Sr. Lorenzo dirixiuse a ela a través duns sms en que advertía de que non podía deixar fixada ningunha reunión con STOP DESAFIUZAMENTOS, despois de que Bravo llo solicitara en reiteradas ocasións.