O BNG súmase á mobilización da CIG contra a pobreza e os recortes do PP e da UE polo 1 de maio
A Coruña, 30 de abril de 2013.- O BNG da comarca da Coruña súmase á manifestación convocada pola CIG con motivo do 1 de maio contra o recorte de dereitos e a pobreza ao que nos avocan o Partido Popular e a Unión Europea. As nacionalistas, que estarán representadas polo responsábel comarcal, Paulo Carballada, das concelleiras dos concellos da comarca, das responsábeis locais e do portavoz parlamentar do BNG, Francisco Jorquera, participarán na mobilización que parte ás 12h da Praza de Vigo.
O BNG quere expresar, así, a súa rotunda oposición ás reformas do Goberno do Partido Popular, unhas reformas que están a ser brutais contra a clase traballadora e contra o pobo en xeral. As nacionalistas chaman a cidadanía a se mobilizar para pórlle punto e final a este roubo contra a xente máis débil e contra a clase traballadora.