O BNG pregúntase cando ten pensado aclarar Negreira se sabía ou non das actuacións de Julio Flores
A Coruña, 8 de febreiro de 2014.- Cada día que pasa e se avanza no coñecemento do sumario da instrución do caso Pokemon, resulta máis necesario que o Sr. Negreira aclare se el tiña coñecemento ou non das actuacións das persoas imputadas na Pokemon, especialmente do Sr. Flores, portavoz do seu Goberno municipal. E debe facelo xa, porque segundo se desprende da lectura do sumario, non parece desacertado dicir que o Sr. Negreira si parece que tiña coñecemento, polo menos, do que estaba a facer o seu tenente de alcalde.
Segundo se desprende do sumario, non parece desacertado dicir que o Sr. Negreira si coñecía as actuacións do Sr. Flores, polo menos da chamada que fixo o tenente de alcalde a Tutor desde unha Xunta de Goberno Local para aclarar un tema tarifario da ORA
Segundo se desprende do sumario, semella que o sr. alcalde si tiña coñecemento do que estaba a facer o Sr. Flores, tendo en conta que algunhas das súas actuacións se realizaron en sesión de Xunta de Goberno Local do Concello da Coruña. Así se pode apreciar no propio sumario (tomo VIII, páxina 170 e 171 do pdf e 4316 e 4317 en papel), en que se afima literalmente o seguinte: Julio Flores que en esos momentos está en la Junta de Gobierno del Ayuntamiento de A Coruña llama desde el...a José María Tutor. Julio Flores le solicita una aclaración en relación a la tarificación de la ORA incluidas por el Grupo Doal Julio le dice que está en la junta de gobierno....
Por tanto, nesa Xunta de Goberno Local de 2 de decembro de 2011, na que estivo presente o Sr. Negreira, resulta claro que o alcalde si debería ter coñecemento do que estaba a facer o Sr. Julio Flores nese momento. Se isto é así, e así se recolle no sumario, a que espera o Sr. Negreira a dar explicacións e aclarar se esta chamada do Sr. Flores era unha decisión unilateral do portavoz municipal ou a instancias do propio alcalde.