O BNG pide explicacións pola redución de obras de mantemento na cidade

O BNG pide explicacións pola redución de obras de mantemento na cidade

A Coruña, 7 de xullo de 2014- O Grupo Municipal do BNG rexistrou unhas preguntas para a resposta escrita co fin de que o Goberno do Sr. Negreira explique a que se debe a caída dun 56% no número de actuacións realizadas no departamento de conservación e mantemento. As actuacións desta sección, pertencente á área de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas, e que ten por obxecto preferente a reparación, conservación e mantemento dos espazos públicos e infraestruturas, pasaron de 24.123 no 2012 a 10.667 no 2013, segundo apuntan as cifras recollidas polo propio Goberno municipal na memoria de xestión correspondente ao ano pasado.

Deste xeito, as nacionalistas pregúntanlle ao Goberno do Sr. Negreira polas razóns que explican esta redución do 56% no número de actuacións e se está a realizar menos actuacións de conservación en espazos, áreas peonís, pavimentos de calzada, alumeado público, fontes ornamentais e saneamento. En vista dos datos, o Grupo Municipal do BNG pregunta, ademais, se o Goberno do PP está a privatizar as funcións realizadas por este departamento.

 

 

O BNG pide explicacións pola redución de obras de mantemento na cidade