O BNG participará no pasarrúas feministas en defensa dun aborto libre e de balde

O BNG participará no pasarrúas feministas en defensa dun aborto libre e de balde

A Coruña, 13 de xuño de 2013.- O BNG da comarca da Coruña participará no pasarrúas feminista convocado pola Plataforma galega polo dereito ao aborto, unha mobilización contra a lei Gallardón de ataque aos dereitos das mulleres que partirá ás 19h de mañá, venres, da Praza de María Pita. As nacionalistas tamén estarán presentes na manifestación nacional convocada pola plataforma para o próximo domingo, 16 de xuño, con saída ás 17h da estación de tren de Santiago de Compostela.

O BNG está a desenvolver a campaña “O noso corpo, a nosa decisión. Aborto libre e gratuíto” en defensa dos dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres, co fin de garantir a decisión sobre os seus corpos e o acceso gratuíto á interrupción do embarazo na sanidade pública. Con actos a pé de rúa e a nivel institucional, as nacionalistas reclaman o mantemento da actual lei do aborto e a pór en marcha as medidas necesarias para garantir que, en todas as áreas sanitarias, os hospitais públicos galegos atendan os abortos.

Precisamente, as nacionalistas están a levar aos Plenos das Corporacións Municipais da comarca mocións por un aborto libre e gratuíto en que, ademais de reivindicar a interrupción voluntaria do embarazo na área sanitaria da Coruña, reclaman a restitución do Centro de Orientación Familiar (COF) do Ventorrillo. No Concello da Coruña a moción non chegou nin sequera a ser debatida, xa que foi tombada polo concelleiros e concelleiras do Partido Popular.

 

O BNG participará no pasarrúas feministas en defensa dun aborto libre e de balde