O BNG denuncia o reparto da revista "Hola" na carreira da muller
A Coruña, 20 de setembro de 2014- Segundo puido saber hoxe o Grupo Municipal do BNG, no material entregado as mulleres que se inscribiron na Carreira da Muller, que se vai celebrar mañá domingo repártese o Hola. Só unha visión sexista e cargada de estereotipos patriarcais pode entender que as mulleres son as receptoras naturais da prensa do corazón , do cotilleo e a banalidade.
O Goberno do Partido entende que existe un cerebro gris, o dos homes e outro rosa, o das mulleres e por iso insulta e vexa a todas as mulleres con este agasallo que é un xeito claro e contundente de camiñar contra a igualdade real de homes e mulleres. Só un discurso decimonónico e a falta de sensibilidade do Partido Popular coas mulleres pode explicar atoparse o Hola na bolsa entregada na inscrición na carreira.