RENDA SOCIAL MUNICIPAL
Vimos de rexistrar o resto das nosas emendas á renda social
Vimos de rexistrar esta mañá o resto das nosas alegacións (preme aquí para velas) á Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal.
Se onte presentabamos no rexistro municipal ao redor das 200 emendas que durante esta última semana fumos recollendo polos distintos postos que colocamos nos barrios e na que reclamamos unha renda social universal e á que poidan acceder todas as persoas independentemente da súa orixe, hoxe á mañá, presentamos o resto de achegas que queremos sexan incluídas para a aprobación definitiva da ordenanza.
A concreción e definición dos itinerarios de inclusión activa, que o acceso á renda a respecto da escolarización de menores se recolla nos mesmos termos que existen para a escolarización no sistema educativo estatal, modificar a parte da ordenanza para os casos nos que o aumento das unidades de convivencia sen aumento da renda no cómputo global e sen terse comunicado por erro ou omisión non sexa penalizábel ou a retirada da condición obrigada de acceso a unha vivenda no prazo de 4 meses, centran, entre outras cuestións, as nosas alegacións
Neste sentido, a concreción e definición dos itinerarios de inclusión activa, que o acceso á renda a respecto da escolarización de menores se recolla nos mesmos termos que existen para a escolarización no sistema educativo estatal, modificar a parte da ordenanza para os casos nos que o aumento das unidades de convivencia sen aumento da renda no cómputo global e sen terse comunicado por erro ou omisión non sexa penalizábel ou a retirada da condición obrigada de acceso a unha vivenda no prazo de 4 meses, centran, entre outras cuestións, as nosas alegacións.
Tamén, presentamos emendas a respecto da duración da renda social. Deste xeito solicitamos a ampliación da concesión da Renda Social Municipal a un período anual, con revisión prorrogábel a outros dous períodos de 6 meses (máximo 24 meses) se perdura a situación inicial que deu orixe a renda.
Entendemos que o límite temporal mínimo da concesión incluído no texto inicial de 6 meses é curto por canto o período, en moitos dos casos, daría lugar a non poder desenvolver os itinerarios de inclusión activa, realizar proxectos acaídos a cada persoa, e mesmo desenvolver procesos de empoderamento da persoa beneficiaria, xa que logo, as persoas para as que vai dirixidas a RSM son persoas que viven en situacións de auténtica exclusión social que requiren da coordinación de distintos profesionais e áreas do concello.
Asemade, outra das demandas que recollemos no texto da emenda presentada é a solicitude de que no articulado se inclúa a definición de emprego adecuado recollendo os termos referidos pola Organización Internacional do Traballo para o traballo decente.
Para nós, outro punto que non se define de xeito óptimo no articulado da Ordenanza Reguladora da Renda Social Municipal aprobado inicialmente é o termo «emprego adecuado» a respecto de que as persoas beneficiarias ...non poderán rexeitar un emprego adecuado..., supoñendo isto unha posíbel penalización e perda da renda. Na actualidade o deterioro progresivo do mercado laboral con ofertas de traballo que incluso chegan nalgún caso a vulnerar dereitos fundamentais, e sen que se defina en que termos unha persoa debe aceptar un emprego, pode ser causa de que a persoa beneficiaria se vexa abocada a aceptar algunha oferta de emprego que empeoraría a súa situación na vez de lle axudar na integración laboral.
Agardamos que o Goberno municipal, ao igual que a respecto da emenda para que a renda social fose universal e incluíra aos sen papeis, acepte o resto das nosas achegas que presentamos hoxe para mellorar e completar a ordenanza. O abstérmonos no Pleno da aprobación inicial non foi un capricho e respondeu á necesidade evidente de aportar e mellorar, e porque considerabamos que o proxecto estaba incompleto e necesitaba de achegas
Finalmente, queremos sinalar que somos optimistas á hora de que o Goberno municipal e os demais grupos políticos acepten estas achegas, xa que logo, todas as emendas que presentamos xa foron debatidas e propostas con anterioridade e teñen a intención de sumar.
Durante o proceso de negociación e de elaboración, e mesmo no Pleno de aprobación inicial da ordenanza, moitas destas emendas foron xa propostas por nós, mais sen embargo, ao final, non foron tidas en conta. Agardamos que o Goberno municipal, ao igual que a respecto da emenda para que a renda social fose universal e incluíra aos sen papeis, acepte o resto das nosas achegas que presentamos hoxe para mellorar e completar a ordenanza. O abstérmonos no Pleno da aprobación inicial non foi un capricho e respondeu á necesidade evidente de aportar e mellorar, e porque considerabamos que o proxecto estaba incompleto e necesitaba de achegas.
A Coruña, 29 de xullo de 2016
Artigos relacionados:
- Xa presentamos as alegacións para que a renda social sexa universal
- Os barrios apostan por unha Renda Social Municipal universal
- Por unha Renda Social Municipal de acceso universal
- Avia Veira: Propoñemos melloras na ordenanza da RSM para conseguir que sexa máis concreta"
- O BNG presenta as súas propostas á RSM
- Sen informes para a Renda Social Municipal
- O Edificio Conde de Fenosa, Santa Lucía e a axuda social municipal, preguntas do BNG
- O Proxecto de ordenanza de Renda Social Municipal realmente regula unha axuda