Un vídeo mostra os cinco propósitos básicos do BNG para este 2021
1.-A reactivación económica para irmos deixando atrás a crise socio-económica decorrente da Covid-19 e que protexa especialmente os sectores do tecido económico máis damnificados polas restricións obrigadas por esta crise sanitaria.
2.-Un urbanismo sustentábel que diga stop aos mamotretos (verbigratia, o proxecto das Percebeiras) e que aposte na vivenda pública e nas zonas verdes, da que a A Coruña é tan deficitaria.
3.-Unha mobilidade segura en tempos de pandemia.
4.-A defensa do común que impida que se faga negocio coa fachada marítima da cidade.
5.-Unha cultura galega viva e unha lingua galega en plenitude.
Canda todo iso, o BNG en 2021, como fixemos tamén historicamente e por suposto ao longo do pasado ano, continuará a defender o fortalecemento da sanidade pública, e moi especialmente a atención primaria, sen a cal é imposíbel conter a expansión do virus e protexer a saúde das persoas máis vulnerábeis.