A CONCELLEIRA INSTA O GOBERNO LOCAL A QUE SE HABITÚE A RECIBIR AS PERSOAS AFECTADAS POR ASUNTOS DE COMPETENCIA MUNICIPAL

Veira pide que se tomen medidas para impedir os aparcamentos indebidos nas Atochas

WhatsApp Image 2025-06-06 at 10.30.54
Fotografía da zona
A través dun rogo oral formulado no pleno de xuño pola nosa concelleira Avia Veira, o BNG emprazou o Goberno Local a que estude a posibilidade de instalar mecanismos disuasorios que impidan o aparcamento indebido na Travesía das Atochas e no espazo existente entre esta e a Travesía Fuente Seoane.
Veira pide que se tomen medidas para impedir os aparcamentos indebidos nas Atochas

Estes aparcamentos indebidos por parte de persoas con comportamentos incívicos -que estacionan os seus vehículos en zonas restrinxidas unicamente a residentes- están mesmo a impedir a entrada e saídos dos coches dos garaxes situados nestas vías.

“É frecuente”, refire Veira, “que esta rúa estea ocupada por coches que non son de persoas residentes e que deixan o coche durante horas e que cando os residentes queren entrar ou saír dos seus garaxes non poidan”.

WhatsApp Image 2025-06-06 at 10.30.54 (1)
Imaxe na que se ve o mal estado do sinal

Tampouco os sinais que indican as restricións de tráfico presentan o mellor estado, de aí que no rogo Veira insta o Executivo coruñés a que “ordene substituír o sinal comido polo sol que indica a restrición de tráfico na Travesía das Atochas”.

De resto, as e os veciños afectados tentaron trasladar directamente as súas queixas á concelleira de Mobilidade, Noemi Díaz, sen conseguir que esta os recibise, o que leva a concelleira do BNG a demandar “que os distintos concelleiros e concelleiras reciban a cidadanía que solicita citas para tratar de resolver os problemas concretos e diarios que son competencia municipal”.

 

Veira pide que se tomen medidas para impedir os aparcamentos indebidos nas Atochas