UNHA INICIATIVA DE FRANCISCO JORQUERA
Vaise executar o investimento previsto no Plan Director do Parque de Santa Margarida no que resta de mandato?
O portavoz do BNG en María Pita, Francisco Jorquera, vén de rexistrar unha pregunta por escrito ao Goberno Local a medio da cal interésase por saber en que estado se acha o desenvolvemento do Plan Director do Parque de Santa Margarida.
27 xuño 2022 - 19:13
Este Plano foi aprobado pola Xunta de Goberno Local o 5 de maio de 2021, está previsto que se desenvolva ao longo de 14 fases e conta cun investimento total de 3 millóns de euros, visando o obxectivo de “recuperar e rexenerar un parque que presenta un importante estado de abandono e deterioración”, escribe Jorquera na exposición de motivos desta iniciativa.
O voceiro nacionalista inquire o Goberno Local se “está en condicións de asegurar a realización das actuacións anunciadas e a execución do investimento previsto antes do remate do actual mandato”.