MAESTRANZA

Os terreos da Maestranza xa están vendidos

Manifestación en 2016 na que se demandaba a devolución gratuíta dos terreos da Maestranza
Manifestación en 2016 na que se demandaba a devolución gratuíta dos terreos da Maestranza

Entendemos como unha moi mala nova a venda das parcelas do Campo da Estrada

Consideramos prioritario que o Goberno municipal protexa de xeito inequívoco os espazos do Campo da Estrada e lembramos que no Pleno do 11 de abril de 2016 se aprobou unha moción, a proposta da Comisión Aberta, na que se instaba o Executivo a que “se tomaran as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo” co obxecto da “posta en valor do Patrimonio Urbanístico, Arquitectónico e Arqueolóxico da Coruña  e a súa adaptación aos valores e necesidades culturais e sociais da cidadanía e non ao servizo de intereses especulativos e mercantilistas”

Cremos que esta operación significa un insulto para coa veciñanza da Cidade Vella despois de ter celebrado a mediados de maio unha consulta popular onde case de xeito unánime se reclamou a devolución de balde destes espazos

Levamos anos tentando prever esta situación, advertindo da necesidade de que o Executivo local debera ter asumido unha posición máis contundente, sobre todo tomando a iniciativa e sendo áxil na toma de decisións no que respecta a protección do noso patrimonio, e denunciando o afán especulativo e mercantilista do Estado e do Ministerio de defensa a respecto duns espazos que son comunais, é dicir da cidade da Coruña. Cómpre agora evitar outra desfeita urbanística e garantir a máxima protección para todos estes espazos cun alto valor histórico e patrimonial

Os terreos da Maestranza xa están vendidos

Vimos de cualificar como unha moi mala nova a venta das parcelas do Campo da Estrada, despois de que hoxe diversas informacións periodísticas fixeran público que o Ministerio de Defensa comezou a tramitación, hai uns días, da venda de dúas das tres parcelas que foron obxecto de poxa.

Agora debe ser prioritario que o Goberno municipal protexa, na medida das súas posibilidades, e atendendo aos mecanismos e capacidades que posúe, os espazos da Campo da Estrada.

Neste sentido, lembramos que hai máis de dous anos o Pleno do Concello da Coruña aprobou unha moción na que se instaba [sic] “o Goberno municipal a que tome as medidas necesarias para a modificación puntual do Plan Xeral de Urbanismo, posibilitando a posta en valor do Patrimonio Urbanístico, Arquitectónico e Arqueolóxico da Coruña e a súa adaptación aos valores e necesidades culturais e sociais da cidadanía e non ao servizo de intereses especulativos e mercantilistas”.

Do mesmo xeito, tamén reordamos que nesa mesma iniciativa se demandaba a devolución gratuíta ao concello da Coruña dos terreos do Campo da Estrada para uso público, xa que logo, a proposta sinalaba que “todos eses terreos son espazos comunais, bens propios, pertencentes á cidade desde a súa fundación”, polo que cualificamos a venda, por parte do Ministerio de Defensa, como dunha operación especulativa de costas aos intereses da cidade e de menosprezo aos propios acordos e resolucións do Concello da Coruña.

Asemade, consideramos un insulto para coa veciñanza da Cidade Vella que finalmente non se respecte a súa vontade expresada na consulta popular celebrada hai menos de dous meses, e na que participaron 449 persoas, e na que o 97,1% votou estar a favor coa devolución gratuíta dos terreos ao Concello da Coruña para que foran destinados a zona verde e equipamentos públicos, mediante la modificación puntual del PXOM.

Levamos anos tentando prever esta situación, advertindo da necesidade de que o Executivo local debera ter asumido unha posición máis contundente, sobre todo tomando a iniciativa e sendo áxil na toma de decisións no que respecta a protección do noso patrimonio, e denunciando o afán especulativo e mercantilista do Estado e do Ministerio de defensa a respecto duns espazos que son comunais, é dicir da cidade da Coruña. Compre agora evitar outra desfeita urbanística e garantir a máxima protección para todos estes espazos cun alto valor histórico e patrimonial.

A Coruña, 12 de xullo de 2018

 

Artigos relacionados:

Os terreos da Maestranza xa están vendidos